Espazo para nais e pais

mércores, 21 de xaneiro de 2015

PAZ


Reflexionar e escribir...


Que é para ti a PAZ?


Estamos facendo unha actividade no cole de reflexión e escrita ,en poucas palabras, sobre que é a PAZ. Temos un panel no que colocamos un post-it coa nosa idea. Todos os papeles forman a palabra Paz.
Se queres escribe aquí o que é para ti e encargareime de pasalo ao papeliño, así todos poderán aprender de ti. É unha actividade para toda a Comunidade Educativa, polo que poden participar tamén os teus pais. Pregúntalles e pásao!
Aperta grandeeeee

Fraccións

http://www.disfrutalasmatematicas.com/numeros/fracciones-equivalentes.html
http://elestublogde5b.blogspot.com.es/2014/01/fracciones-equivalentes-un-numero.html


Rapaces! tema de Fraccións.
-Fracción dun número.
-Fraccións equivalentes a un número.
-Mcm e mcd de varios números.
-Fraccións e números mixtos.
-Fraccións equivalentes.
-Obtención de fraccións equivalentes.
-Reducción a común denominador. (Método dos productos cruzados e método do mínimo común múltiplo).
-Comparacións de fraccións.

venres, 16 de xaneiro de 2015

O clima de España e Galicia

No enlace que tedes a continuación podedes acceder a un montón de activiades relacionadas co clima. Moito ánimo

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363951692/contido/Unidade9/indice_clima.html

mércores, 14 de xaneiro de 2015

CONECTORES

Debemos practicar a escrita empregando os maiores conectores que poidamos!. Ánimo e a expresar de forma escrita! é un maneira de contar as cousas, de desfogar, de deixar libre a imaxinación,
de CREAR...





Apertas!

mércores, 7 de xaneiro de 2015

Fin vacacións

Ánimo!
Disfrutade moito do último día de vacacións de Nadal!
O xoves toca volver ao cole coas pilas ben cargadas para afrontar este novo trimestre. Sabedes que será un período moi curto, no que ademais, virán os compañeiros de Italia, polo que debemos  aproveitar moito, moito o tempo e exprimir cada día de aprendizaxe.
Descansade ben esta noite! Ata mañá!
Unha aperta