Espazo para nais e pais

mércores, 7 de outubro de 2015

BENVIDOS DE NOVO

Hola a tod@s, aquí estamos de novo 

Despois destas longas vacacións nas que tivemos tempo para facer miles de cousas,

afrontamos con moita forza e enerxía este último  curso da etapa de Primaria como estudantes do Froebel.

Tantas son a ganas de traballar, que decidimos recuperar o blogue creado o curso pasado en colaboración cos alumnos que xa están no instituto  e coa axuda, como non, de mestres e mestras que foron moi importantes para nos e que xa non están

Este curso somos os maiores do cole e ímonos a comportar como tal, por eso non queremos descuidar este rincón de información e opinións

Un saúdo para tod@s

COMEZAAAAAAAAAMOOOOOOOSSSSSS 

domingo, 4 de outubro de 2015

RECURSOS TIC NA EDUCACIÓN FÍSICA

RECURSOS TIC http://recursostic.educacion.es/primaria/ludos/web/c/index.html

RECREXOGOS: NORMAS PARA DISFRUTAR!



RECREXOGOS    NORMAS PARA DISFRUTAR!

1-      CADA GRUPO RESPECTARÁ OS ESPAZOS DE XOGO SEN MOLESTAR AOS DEMAIS.

2-      XOGAR É VOLUNTARIO, SE NON XOGAS DEIXA XOGAR! E DISFRUTA DO RECREO COMO TI QUEIRAS.

3-      RESPETARANSE OS MATERIAIS USANDO DE FORMA AXEITADA.

4-      ANOTARANSE FALTAS AOS ALUMNOS/AS QUE NON RESPETEN AS NORMAS E REALIZARÁN TAREFAS DE AXUDA AOS MESTRES DE GARDA CANDO ACUMULEN CINCO.

5-      É OBRIGATORIO RESPETAR, DIALOGAR E PENSAR.

6-     O RECREO E VOSO: PARTICIPADE E ESCRIBIDE IDEAS E SUXERENCIAS PARA MELLORALO!


7-     ESTARÁ PROHIBIDO: ENFADARSE, NON RIRSE E NON DIVERTIRSE!




RECREXOGOS!

RECREXOGOS!
ZONAS:
A-    ESCENARIO: XOGOS DE MESA (CARTAS, DAMAS, OCA, PARCHÍS, XADREZ …)
B-     CORREDOR: CORDAS- GOMAS
C-     CORREDOR: PIMPON
D-    PATIO INTERIOR: BALÓN
E-     BIBLIOTECA: LECTURA.

ENCARGADOS/AS VOLUNTARIOS/AS, LEVARÁN UN “PETO OU CARNÉT DE RECREO”: 4 por MES e aula, na zona A- 1, na zona B- 1, na zona C- 2. 
Escollen eles/as as zonas, poden cambiar cada día ou semana pero non durante o recreo. Haberá unha lista colgada para anotarse na zona escollida.

-        OUTUBRO: 6ºA
-        NOVEMBRO: 6ºB
-        DECEMBRO: 5ºA
-        XANEIRO: 5ºB
-        FEBREIRO: 6ºA
-        MARZO: 6ºB
-        ABRIL: 5ºA
-        MAIO: 5ºB
-        XUÑO: 4º (para o ano estarán en 5º!)

CAIXAS CON MATERIAL para os RECREXOGOS, colocadas diante do taboleiro de Educación Física, preto do escenario.

Funcións dos encargados/as:
1-     Repartir o material dos recrexogos ao comezo do recreo e recollelo 5 minutos antes de que soe o timbre.
2-     Organizar os xogos e os equipos oíndo as ideas dos demais.
3-     Velar polo seu uso axeitado do material e o cumprimento das regras do xogo.
4-     Escoitarán os problemas dos demais e buscarán solucións intelixentes e xustas para todos.

5-    
Serán os únicos que poidan  avisar ao mestre/a de garda cando haxa algún problema importante.

Demais alumnos/as:
Xogar xuntos; compartir o material; saber ganar e perder; xogar limpo,…

BUZÓN DE SUXERENCIAS: caixa de cartón onde os nenos/as poderán dar opinións, suxerencias… sobre os xogos e sucesos que xorden no  recreo.


















ROLES ALUMN@S NAS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA

ROLES E FUNCIÓNS:
ENCARGADO/A DE MATERIAL:
• Colocar o material preciso para cada actividade. Facelo de xeito coordinado co encargado de material do equipo contrario. Cando se unen dous grupos para facer un equipo, colócase de xeito coordinado entre os seis encargados de material.  Ao rematar a sesión recollerase o material.
ADESTRADOR/A:
• Actualizar o caderno de quecemento para cada sesión. Dirixir o quecemento do seu grupo cando se faga en grupo, e coordinarse co resto de adestradores en quecementos de gran grupo. Observar que os compañeiros/as realizan correctamente os exercicios e facer correccións a execucións erróneas.
CAPITÁN/A:
• Sortes ( pares/nones ou cara cruz) para decidir que equipo empeza o xogo.
• Recordar ao equipo dar a man ao inicio e final da actividade. Mantense fixo o equipo que perde.
• Informar ao outro capitán de aspectos importantes sobre o seu equipo.
• Comprobar que o equipo está asumindo o papel asignado e reconducir erros.
• Durante a actividade, é o que debe sempre enviar feedback positivo aos seus compañeiros e conseguir que o empreguen tamén entre eles.
• Parar o xogo, estando de acordo con outro capitán para solucionar conflitos.
• Comunicar o resultado ao docente.
XOGADOR/A:
• Escoitar atentamente ao adestrador ou capitán canda falen e manter sempre contacto visual con eles.
• Dar a man a todos os xogadores do equipo rival antes e despois do exercicio ou actividade.
• Esforzarse en cumprir as regras do xogo.  Xogo limpo.
XORNALISTA:
• Negociar co capitán/a para saír do xogo e facer anotacións para realizar a crónica deportiva.
• Traballar de xeito colaborativo co fotógrafo/a para publicar a crónica no Blogue da Aula.
FOTÓGRAF@:
• Realizar fotografías, tratalas e revisar se hai alumnado que non pode saír nelas.
• Traballar de xeito colaborativo co xornalista.

• Referenciar correctamente as fotografías.

ESTADES PREPARAD@S? 

BENVID@S AO NOVO CURSO!

A bici máxica de Educación Física
Este curso introducimos un pequeno cambio no traballo das normas da clase de Educación Física porque o fixemos na bici, nunha bici máxica!

A bici de Educación Física está composta por:
Cadro (chándal- zapatillas- neceser): Son os 3 elementos que dan estrutura e forma á nosa bici. Grazas a eles podemos realizar Educación Física e grazas a eles a nosa bici ten sustento.
Manillar ("coidámonos"): O manillar xunto cos freos diríxennos na dirección da nosa viaxe: a aprendizaxe e sirve para coidarnos: coidámonos a nós mesmos, aos nosos compañeiros de viaxe, aos mestres, ás familias, ao material, ao ximnasio, ao patio, ao colexio... "Coidámonos".
      Co manillar podemos esquivar os obstáculos do camiño, facer unha parada refrescante e dirixirnos cara á meta da viaxe: APRENDER.
Rodas (melloramos a fila e a explicación: escoitamos): Cando as rodas se moven a bici avanza. Cando escoitamos a explicación avanzamos cara aprender porque sabemos qué hai que facer e cómo podemos facelo. Trataremos de ter as nosas rodas sempre a punto e ben infladas para avanzar con fluidez.
Pedais (respectamos aos compañeiros): Hai "ciclistas" que pedalean á présa e outros que pedalean máis amodo, pero o importante é que todos cheguen á meta. Respectaremos e animaremos aos que pedaleen un pouco máis lento para que cheguen á meta, que é Aprender. Tamén lle podemos axudar ofrecéndolle a nosa roda ou marcándolle un ritmo axeitado.
Timbre (regra do subiote): Cando soa o timbre da bici de Educación Física (subiote) paramos e prestamos atención: algo está a punto de pasar.
Casco (ante todo e sobre todo: seguridade): Na nosa viaxe marchamos seguros e levamos casco. Xogamos para aprender e para divertirnos, non para facernos dano.

      Ademais, esta viaxe facémola xuntos porque nos podemos axudar entre todos, e así compartímola, gozámola máis e é máis divertido.
    Como a bici de Educación Física é máxica, ten un sillín máxico no que caben tódalas persoas que ti queiras: papá e mamá, a túa familia, os teus amigos, toda a xente que te quere, todos los que tú queiras. Ademais podes sentir detrás de ti o seu apoio e compaña.
Por último, non esquezas de botar un trago ao bidón da bici sempre que o precises. O teu bidón está cheo de folgos e xa sabes que é convinte estar ben hidratado, así que podes recargar enerxías bebendo o mellor dos combustibles: as túas ganas de aprender.
Ánimo!      Recorda!


         "A vida é coma montar na bicicleta. Para manter o teu equilibro debes permanecer en movemento". Albert Einstein.