Espazo para nais e pais

domingo, 4 de outubro de 2015

BENVID@S AO NOVO CURSO!

A bici máxica de Educación Física
Este curso introducimos un pequeno cambio no traballo das normas da clase de Educación Física porque o fixemos na bici, nunha bici máxica!

A bici de Educación Física está composta por:
Cadro (chándal- zapatillas- neceser): Son os 3 elementos que dan estrutura e forma á nosa bici. Grazas a eles podemos realizar Educación Física e grazas a eles a nosa bici ten sustento.
Manillar ("coidámonos"): O manillar xunto cos freos diríxennos na dirección da nosa viaxe: a aprendizaxe e sirve para coidarnos: coidámonos a nós mesmos, aos nosos compañeiros de viaxe, aos mestres, ás familias, ao material, ao ximnasio, ao patio, ao colexio... "Coidámonos".
      Co manillar podemos esquivar os obstáculos do camiño, facer unha parada refrescante e dirixirnos cara á meta da viaxe: APRENDER.
Rodas (melloramos a fila e a explicación: escoitamos): Cando as rodas se moven a bici avanza. Cando escoitamos a explicación avanzamos cara aprender porque sabemos qué hai que facer e cómo podemos facelo. Trataremos de ter as nosas rodas sempre a punto e ben infladas para avanzar con fluidez.
Pedais (respectamos aos compañeiros): Hai "ciclistas" que pedalean á présa e outros que pedalean máis amodo, pero o importante é que todos cheguen á meta. Respectaremos e animaremos aos que pedaleen un pouco máis lento para que cheguen á meta, que é Aprender. Tamén lle podemos axudar ofrecéndolle a nosa roda ou marcándolle un ritmo axeitado.
Timbre (regra do subiote): Cando soa o timbre da bici de Educación Física (subiote) paramos e prestamos atención: algo está a punto de pasar.
Casco (ante todo e sobre todo: seguridade): Na nosa viaxe marchamos seguros e levamos casco. Xogamos para aprender e para divertirnos, non para facernos dano.

      Ademais, esta viaxe facémola xuntos porque nos podemos axudar entre todos, e así compartímola, gozámola máis e é máis divertido.
    Como a bici de Educación Física é máxica, ten un sillín máxico no que caben tódalas persoas que ti queiras: papá e mamá, a túa familia, os teus amigos, toda a xente que te quere, todos los que tú queiras. Ademais podes sentir detrás de ti o seu apoio e compaña.
Por último, non esquezas de botar un trago ao bidón da bici sempre que o precises. O teu bidón está cheo de folgos e xa sabes que é convinte estar ben hidratado, así que podes recargar enerxías bebendo o mellor dos combustibles: as túas ganas de aprender.
Ánimo!      Recorda!


         "A vida é coma montar na bicicleta. Para manter o teu equilibro debes permanecer en movemento". Albert Einstein.

Ningún comentario:

Publicar un comentario