ROLES E FUNCIÓNS:
ENCARGADO/A DE MATERIAL:
• Colocar o material preciso para cada actividade. Facelo
de xeito coordinado co encargado de material do equipo contrario. Cando se unen
dous grupos para facer un equipo, colócase de xeito coordinado entre os seis
encargados de material. Ao rematar a
sesión recollerase o material.
ADESTRADOR/A:
• Actualizar o caderno de quecemento para cada sesión.
Dirixir o quecemento do seu grupo cando se faga en grupo, e coordinarse co
resto de adestradores en quecementos de gran grupo. Observar que os
compañeiros/as realizan correctamente os exercicios e facer correccións a
execucións erróneas.
CAPITÁN/A:
• Sortes ( pares/nones ou cara cruz) para decidir que
equipo empeza o xogo.
• Recordar ao equipo dar a man ao inicio e final da
actividade. Mantense fixo o equipo que perde.
• Informar ao outro capitán de aspectos importantes sobre
o seu equipo.
• Comprobar que o equipo está asumindo o papel asignado e
reconducir erros.
• Durante a actividade, é o que debe sempre enviar
feedback positivo aos seus compañeiros e conseguir que o empreguen tamén entre
eles.
• Parar o xogo, estando de acordo con outro capitán para
solucionar conflitos.
• Comunicar o resultado ao docente.
XOGADOR/A:
• Escoitar atentamente ao adestrador ou capitán canda
falen e manter sempre contacto visual con eles.
• Dar a man a todos os xogadores do equipo rival antes e
despois do exercicio ou actividade.
• Esforzarse en cumprir as regras do xogo. Xogo limpo.
XORNALISTA:
• Negociar co capitán/a para saír do xogo e facer
anotacións para realizar a crónica deportiva.
• Traballar de xeito colaborativo co fotógrafo/a para publicar a crónica no Blogue da Aula.
FOTÓGRAF@:
• Realizar fotografías, tratalas e revisar se hai
alumnado que non pode saír nelas.
• Traballar de xeito colaborativo co xornalista.
• Referenciar correctamente as fotografías.
ESTADES PREPARAD@S?
Ningún comentario:
Publicar un comentario