Hola a tod@s, aquí estamos de novo
Despois destas longas vacacións nas que tivemos tempo para facer miles de cousas,
afrontamos con moita forza e enerxía este último curso da etapa de Primaria como estudantes do Froebel.
Tantas son a ganas de traballar, que decidimos recuperar o blogue creado o curso pasado en colaboración cos alumnos que xa están no instituto e coa axuda, como non, de mestres e mestras que foron moi importantes para nos e que xa non están
Este curso somos os maiores do cole e ímonos a comportar como tal, por eso non queremos descuidar este rincón de información e opinións
Un saúdo para tod@s
COMEZAAAAAAAAAMOOOOOOOSSSSSS
mércores, 7 de outubro de 2015
domingo, 4 de outubro de 2015
RECREXOGOS: NORMAS PARA DISFRUTAR!
1- CADA GRUPO
RESPECTARÁ OS ESPAZOS DE XOGO SEN MOLESTAR AOS DEMAIS.
3- RESPETARANSE
OS MATERIAIS USANDO DE FORMA AXEITADA.
4- ANOTARANSE
FALTAS AOS ALUMNOS/AS QUE NON RESPETEN AS NORMAS E REALIZARÁN TAREFAS DE AXUDA
AOS MESTRES DE GARDA CANDO ACUMULEN CINCO.
5- É
OBRIGATORIO RESPETAR, DIALOGAR E PENSAR.
6- O RECREO E
VOSO: PARTICIPADE E ESCRIBIDE IDEAS E SUXERENCIAS PARA MELLORALO!
7- ESTARÁ
PROHIBIDO: ENFADARSE, NON RIRSE E NON DIVERTIRSE!
RECREXOGOS!
RECREXOGOS!
ZONAS:
A-
ESCENARIO: XOGOS DE MESA (CARTAS,
DAMAS, OCA, PARCHÍS, XADREZ …)
B-
CORREDOR: CORDAS- GOMAS
C-
CORREDOR: PIMPON
D-
PATIO INTERIOR: BALÓN
E-
BIBLIOTECA: LECTURA.
ENCARGADOS/AS VOLUNTARIOS/AS, LEVARÁN
UN “PETO OU CARNÉT DE RECREO”: 4 por MES e aula, na zona A- 1, na zona B- 1, na
zona C- 2.
Escollen eles/as as zonas, poden cambiar cada día ou semana pero non durante o recreo. Haberá unha lista colgada para anotarse na zona escollida.
Escollen eles/as as zonas, poden cambiar cada día ou semana pero non durante o recreo. Haberá unha lista colgada para anotarse na zona escollida.
-
OUTUBRO: 6ºA
-
NOVEMBRO: 6ºB
-
DECEMBRO: 5ºA
-
XANEIRO: 5ºB
-
FEBREIRO: 6ºA
-
MARZO: 6ºB
-
ABRIL: 5ºA
-
MAIO: 5ºB
-
XUÑO: 4º (para o ano estarán en 5º!)
CAIXAS CON MATERIAL para os
RECREXOGOS, colocadas diante do taboleiro de Educación Física, preto do
escenario.
Funcións dos encargados/as:
1-
Repartir o material dos recrexogos ao
comezo do recreo e recollelo 5 minutos antes de que soe o timbre.
2-
Organizar os xogos e os equipos oíndo
as ideas dos demais.
3-
Velar polo seu uso axeitado do
material e o cumprimento das regras do xogo.
4-
Escoitarán os problemas dos demais e
buscarán solucións intelixentes e xustas para todos.
5- Serán os únicos que poidan avisar ao mestre/a de garda cando haxa algún problema importante.
Demais alumnos/as:
BUZÓN DE SUXERENCIAS: caixa de cartón
onde os nenos/as poderán dar opinións, suxerencias… sobre os xogos e sucesos
que xorden no recreo.
ROLES ALUMN@S NAS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA
ROLES E FUNCIÓNS:
ENCARGADO/A DE MATERIAL:
• Colocar o material preciso para cada actividade. Facelo
de xeito coordinado co encargado de material do equipo contrario. Cando se unen
dous grupos para facer un equipo, colócase de xeito coordinado entre os seis
encargados de material. Ao rematar a
sesión recollerase o material.
ADESTRADOR/A:
• Actualizar o caderno de quecemento para cada sesión.
Dirixir o quecemento do seu grupo cando se faga en grupo, e coordinarse co
resto de adestradores en quecementos de gran grupo. Observar que os
compañeiros/as realizan correctamente os exercicios e facer correccións a
execucións erróneas.
CAPITÁN/A:
• Sortes ( pares/nones ou cara cruz) para decidir que
equipo empeza o xogo.
• Recordar ao equipo dar a man ao inicio e final da
actividade. Mantense fixo o equipo que perde.
• Informar ao outro capitán de aspectos importantes sobre
o seu equipo.
• Comprobar que o equipo está asumindo o papel asignado e
reconducir erros.
• Durante a actividade, é o que debe sempre enviar
feedback positivo aos seus compañeiros e conseguir que o empreguen tamén entre
eles.
• Parar o xogo, estando de acordo con outro capitán para
solucionar conflitos.
• Comunicar o resultado ao docente.
XOGADOR/A:
• Escoitar atentamente ao adestrador ou capitán canda
falen e manter sempre contacto visual con eles.
• Dar a man a todos os xogadores do equipo rival antes e
despois do exercicio ou actividade.
• Esforzarse en cumprir as regras do xogo. Xogo limpo.
XORNALISTA:
• Negociar co capitán/a para saír do xogo e facer
anotacións para realizar a crónica deportiva.
• Traballar de xeito colaborativo co fotógrafo/a para publicar a crónica no Blogue da Aula.
FOTÓGRAF@:
• Realizar fotografías, tratalas e revisar se hai
alumnado que non pode saír nelas.
• Traballar de xeito colaborativo co xornalista.
• Referenciar correctamente as fotografías.
ESTADES PREPARAD@S?
BENVID@S AO NOVO CURSO!
A bici máxica de Educación Física
Este curso introducimos un pequeno cambio no traballo das normas da clase de Educación Física porque o fixemos na bici, nunha bici máxica!
Este curso introducimos un pequeno cambio no traballo das normas da clase de Educación Física porque o fixemos na bici, nunha bici máxica!
A bici de Educación Física está
composta por:
Cadro (chándal- zapatillas- neceser): Son os 3 elementos que dan estrutura e forma á nosa bici. Grazas a eles podemos realizar Educación Física e grazas a eles a nosa bici ten sustento.
Cadro (chándal- zapatillas- neceser): Son os 3 elementos que dan estrutura e forma á nosa bici. Grazas a eles podemos realizar Educación Física e grazas a eles a nosa bici ten sustento.
Manillar ("coidámonos"): O manillar xunto cos freos diríxennos na
dirección da nosa viaxe: a aprendizaxe e sirve para coidarnos: coidámonos a nós
mesmos, aos nosos compañeiros de viaxe, aos mestres, ás familias, ao material,
ao ximnasio, ao patio, ao colexio... "Coidámonos".
Co manillar podemos esquivar os obstáculos do camiño, facer unha parada refrescante e dirixirnos cara á meta da viaxe: APRENDER.
Co manillar podemos esquivar os obstáculos do camiño, facer unha parada refrescante e dirixirnos cara á meta da viaxe: APRENDER.
Rodas (melloramos
a fila e a explicación: escoitamos): Cando as rodas se moven a bici avanza. Cando escoitamos a explicación
avanzamos cara aprender porque sabemos qué hai que facer e cómo podemos facelo.
Trataremos de ter as nosas rodas sempre a punto e ben infladas para avanzar con
fluidez.
Pedais (respectamos aos compañeiros): Hai "ciclistas" que pedalean á présa e
outros que pedalean máis amodo, pero o importante é que todos cheguen á meta.
Respectaremos e animaremos aos que pedaleen un pouco máis lento para que
cheguen á meta, que é Aprender. Tamén lle podemos axudar ofrecéndolle a nosa
roda ou marcándolle un ritmo axeitado.
Timbre (regra do subiote): Cando soa o timbre da bici de Educación Física (subiote) paramos e prestamos atención: algo está a punto de pasar.
Timbre (regra do subiote): Cando soa o timbre da bici de Educación Física (subiote) paramos e prestamos atención: algo está a punto de pasar.
Casco (ante todo e sobre todo: seguridade): Na nosa viaxe marchamos seguros e levamos casco.
Xogamos para aprender e para divertirnos, non para facernos dano.
Ademais, esta viaxe facémola xuntos porque nos podemos axudar entre todos, e así compartímola, gozámola máis e é máis divertido.
Ademais, esta viaxe facémola xuntos porque nos podemos axudar entre todos, e así compartímola, gozámola máis e é máis divertido.
Como a bici de Educación Física é
máxica, ten un sillín máxico no
que caben tódalas persoas que ti queiras: papá e mamá, a túa familia, os teus
amigos, toda a xente que te quere, todos los que tú queiras. Ademais podes
sentir detrás de ti o seu apoio e compaña.
Por último, non esquezas de botar
un trago ao bidón da bici sempre
que o precises. O teu bidón está cheo de folgos e xa sabes que é convinte estar
ben hidratado, así que podes recargar enerxías bebendo o mellor dos
combustibles: as túas ganas de aprender.
Ánimo! Recorda!
"A vida é coma montar na bicicleta. Para manter o teu equilibro debes permanecer en movemento". Albert Einstein.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)